VOLTAMOS AO TRABALLO

Ola. Hoxe retomamos o noso traballo do cole. Espero que esteades con ánimos e dispostos a seguir adiante con forza.

Antes de nada quixera pedirvos a pais e fillos que pasedes un momentiño pola web do cole porque hay informacións importantes. Pulsade aquí.

Por outra parte necesito saber quen estades recibindo con regularidade as tarefas deste blog e se tedes algunha dificultade á hora de realizalas. Basta con que nos comentarios ao pé desta entrada escribades algo así como Álvaro OK ou Mariela OK para eu darme por enterado. Mencionade o voso nome e dádeme un OK ou explicade se tedes algún problema.

É importante que contestedes todos porque é a única maneira que teño de sabelo.

Esta petición tamén a farei por Abalar móbil. Podedes contestar polo blog ou por Abalar Móbil indistintamente. Se alguén aínda non ten Abalar Móbil eu recoméndovos moitísimo que o instaledes no móbil.

Xa por último lembrade imprimir ou copiar nun caderno as tarefas anotando a data cada día. É importante levar o traballo o máis organizado posible no caderno. Se imprimides algunha ficha podedes pegala nas follas do caderno ou almacenala nunha carpeta de aneis ou de fundas de plástico ou mesmo nunha carpeta de gomas se non tedes outra anotando a data e a asignatura de que se trate.

E xa sen máis, vamos cara adiante co traballo para mañá.

7 comentarios: