TERCEIRO TRIMESTRE

O próximo mércores está prevista unha conferencia sectorial de educación entre o Goberno e as Comunidades Autónomas. A partir de ahí estamos á espera de recibir instruccións concretas de como organizar o 3º trimestre.

Recibimos a recomendación da inspección de non poñer máis tarefas aos alumnos de momento. O que sí se pode facer é repasar o xa traballado. 

Tamén é importante coñecer qué alumnos teñen problemas de calquera tipo á hora de traballar na casa para ver de axudarlles.

Podedes notificar calquera problema ou  necesidade a través de Abalar Móbil, o correo do cole ( ceip.ponzos@edu.xunta.es ) ou o blog de 3º curso (nos comentarios da última entrada no blog). 


Ningún comentario:

Publicar un comentario