Día do libro

Hoxe se celebra como todos os anos o Día do Libro.

Por iso, animamos ao alumnado de educación primaria a que escollades o voso libro favorito e nos enviedes unha foto onde se vexa o libro, e vós representedes ou ben unha parte, ou a portada, ou personaxes (podédesvos disfrazar, recrear obxectos do conto, representar escenas, facer xestos, etc... o que se vos ocorra). Pero sempre que se vexa claramente cal é o libro. Despois, enviade esta foto ao seguinte correo: biblioponzos@gmail.com. Todo isto con data límite 24 de abril. Despois, con estas fotos montaremos un vídeo que colgaremos no blogue da biblioteca.
O alumnado de infantil falará sobre o libro que traballaron en semanas anteriores e gravará un pequeno audio, seguindo as instruccións do profesorado deste ciclo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario